viernes, 6 de abril de 2012

Visita guineana.

O martes 27 de Marzo contamos cunha visita moi especial. Daouda, procedente de Conacri, República de Guinea, achegouse ata o centro para falarnos do seu país, da súa cultura, costumes, xeitos de vida, etc... acompañado por Susana Pita.Dende a construcción das casas, feitas con tellados de palla, ata a industria do diamante ou a pobreza do país, mantivo a atención das pequenas e pequenos acompañando toda esta información cunha serie de fotografías elexidas para a ocasión. Nelas podíase ver a situación de fame que pasan os nenos no seu país. Tamén explicou que os diamantes son dos ricos e que a maioría da poboación non disfruta da riqueza que aporta esa industria. Entre as fotos tamén encontramos típicos mercados, homes empregando a técnica de pesca guineana, xente traballando nas minas de diamante, vestimenta propia do seu país,...Ademáis Daouda trouxo o traxe orixinal "bubú" que sorprendeu e gustou moito aos nenos e nenas. Unha visita tan interesante como amena pola que estamos moi agradecidos a Douda e Susana. Moitas grazas dende Centieiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Crónicas de centieiras