martes, 6 de septiembre de 2011

NOVA FOLGA NO ENSINO

Poñemos no voso coñecemento que o mércores 27 de setembro de 2011, o seguinte profesorado do CEIP Centieiras, súmase á folga convocada polas Centrais Sindicais en defensa do Ensino Público de Galicia:Titorías de Educación Infantil: 3 anos, 4 anos, 5 anos A e 5 anos B.Titorías de Educación Primaria: 1º B, 2º e 4º.Especialistas: Música.

BENVIDA AOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Hoxe día 8 de setembro recibimos aos pais e ás nais dos nenos e nenas de 3 anos de Educación Infantil. Neste blogue tamén lles queremos dar a benvida.A continuación, mostrámosvos unha presentación que elaborou a coodinadora de educación infantil para dar a coñecer o noso cole e o período de adaptación: 

BENVIDOS E BENVIDAS

Comezamos un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar. Queremos darvos a benvida ao noso cole, que tamén é voso, e no que esperamos vos sintades como na casa. Quédanos un longo curso por diante, no que esperamos falar moito, tamén rir e sorrir, e camiñar xuntos vendo medrar a eses nenos e nenas que xa son un pouco nosos e nosas.Hoxe é un día moi especial, sabemos que o esforzo de madrugar, deixar esas vacacións e porse a traballar non é doado, pero compensámolo coa ledicia de vernos.

ESTIMADAS FAMILIAS

Poñemos no voso coñecemento que o mércores 21 de setembro de 2011, o seguinte profesorado do CEIP Centieiras, facendo uso do seu dereito constitucional, súmanse á folga convocada polas Centrais Sindicais en defensa do Ensino Público de Galicia:Titorías de Educación Infantil: 3 anos, 4 anos, 5 anos A e 5 anos B.Titorías de Educación Primaria: 1º B, 5º e 6º.Especialistas: Pedagoxía Terapéutica, Música, Inglés, Departamento de Orientación e Educación Física.

CHEGOU SETEMBRO

Chega setembro e como todos os anos estamos aquí os profes e as profas traballando para recibirvos como merecedes, con moita alegría e con moitas cousas novas.

COMEZO DE CURSO

Hoxe agasallamos aos nosos nenos e nenas cunha clase de Ioga Infantil, para comezar o curso con paz e harmonía. Nós pensamos que é un bo xeito de comezar.

Crónicas de centieiras