miércoles, 6 de febrero de 2013

CONTACONTOS

Hoxe día 26 de febreiro foi un día diferente para os nenos e as nenas do primeiro ciclo. Despois do recreo viñeron os contacontos da editorial Kalandraka a escenificar: "Os petos de Loreto", "A galiña roxa" e "Crictor".

OS MENORES FRONTE A INTERNET

Onte, martes 19 de febreiro ás catro da tarde, a Biblioteca do centro contou cun experto da Garda Civil en delitos informáticos. Deu unha charla para os pais e as nais, profesores e profesoras do centro sobre a necesidade de promover ante os nenos e nenas un uso de internet seguro. Resultou unha charla moi interesante, e o noso ver imprescindible para poder previr a aparición dalgún problema.

O día da Paz

O día 30 de Xaneiro celebramos no Cole o Día da Paz.Co lema "Abrigámonos coa paz" colgamos diferentes prendas de abrigo na entrada das que penduran diferentes mensaxes, palabras e frases que nos abrigaron estes días. Despois xuntámonos todos os nenos/as e os profes na biblioteca e cantamos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra.

Crónicas de Centieiras


DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres 22 de febreiro, o cole de Centieiras adheriuse a unha iniciativa promovida polo Concello de fene e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, para celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o 150 aniversario de cantares Gallegos.No cole limos dúas poesías: "Como chove miudiño" e "Adiós ríos, adiós fontes".

O ENTROIDO MÁXICO

O pasado 8 de febreiro os nenos, as nenas e os profes do Cole fomos disfrazados de seres máxicos.Este ano desfilamos con música polas rúas de Fene até o Concello. Os nenos e nenas de  Educación Infantil vestíronse de unicornios, os do primeiro ciclo de bruxos/as e fadas, os de segundo de magos/as, os de terceiro e de cuarto de trasnos e os de de quinto e sexto de zombis e vampiresas e vampiros.  Cando volvimos para Centieiras puidemos degustar saborosos doces no posto que puxeron os nenos e as nenas de 5º e 6º. 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Clicade dúas veces enriba do texto para amplialo.

Crónicas de centieiras