viernes, 6 de abril de 2012
Atletismo divertido 2012
O pasado día 28 de marzo os alumnos do colexio Centieiras participaron nunha xornada de Atletismo Divertido. Nela todos os alumnos de primaria mostraron un gran interese por cada unha das probas que foron atopado. Como novidade respecto ao ano pasado, nesta ocasión os alumnos estiveron a participar activamente durante toda a mañá sen os tempos de espera doutros anos. Ao comezo da xornada cada unha das actividades asignouse a un curso durante un tempo duns vinte minutos tralo cal os alumnos foron rotando por todas elas ao longo da mañá. Durante o descanso realizado a media mañá os pequenos atletas repuxeron forzas cunha ou dúas pezas de froita e moita auga para rehidratarse despois de tanto esforzo. A xornada rematou cunha carreira de relevos por cursos. Unha vez rematadas as actividades os nenos volveron para o colexio moi cansos pero satisfeitos por unha mañá chea de deporte e diversión.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
A semana do 13 demaio celebrouse en todos os coles de Galicia, a Semana das Letras Galegas. Esteano dedicouse a Roberto Vidal Bolaño e no no...
-
O SAMAÍN.O Samaín é unha celebración de orixe celta que se converteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unas décadas esquecida, pe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario