domingo, 6 de noviembre de 2011

O MAGOSTO - A FESTA

Xa vistes as nosas cantigas interpretadas polos nenos e as nenas, pero tivemos tamén a sorte de contar cunha nai colaboradora que nos fixo este bonito agasallo. Grazas Bea.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 28-10-11

Aquí podedes escoitar o programa de radio da semana pasada.

O MAGOSTO

O pasado 11 de novembro celebramos O Magosto no noso cole,  ese día cantamos todos: nenos e nenas e tamén as persoas maiores. Para recordar esta celebración vaivos aquí unha mostra do que fixeron.Grazas pola vosa presenza na nosa festa do outono.

ENSALADILLA

Cociñar é imprescindible para a vida por iso puxémonos mans á obra: …. lavamos, cortamos, misturamos…..VAIA ENSALADILLA!!!!!!No recreo comerémola.

O MAGOSTO: Venres 11 de novembro de 2011

O SAMAÍN.O Samaín é unha celebración de orixe celta que se converteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unas décadas esquecida, pero nos últimos anos temos a fortuna de  recuperala co traballo realizado nas escolas e en moitos concellos de Galiza.A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.O MAGOSTOO aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinocio. Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas, alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.Os nenos non faltarán ao seu divertido costume: collerán un presa de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".AS FESTAS DO OUTONO EN CENTIEIRAS“Ditoso o mes que empeza con Santos e remata con San Andrés”. Como todos os anos o CEIP CENTIEIRAS celebra as festas do outono, non podería ser doutro xeito. Non podemos deixar pasar esta oportunidade sen agradecervos a vosa colaboración, a vosa participación, e a vosa confianza en nós.Esperámosvos mañá sobre ás 12:30 h.Agradecemos tamén ao supermercado EROSKI a súa desinteresada colaboración nesta festa.AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LITERARIASCalquera momento é bo para unha boa lectura. Aí vos van as nosas recomendacións de outono.       EDUCACIÓN INFANTIL:- “Os tres bandidos”. Ed.Kalandraka.- “Os bolechas teñen medo”. A NOSA TERRA.EDUCACIÓN PRIMARIA. 1º CICLO.- Colección “O baúl dos monstros”. BAÍA Edicións. - “O medo”. Ed. IR INDO.   EDUCACIÓN PRIMARIA. 2º CICLO.- “Fantasmas no corredor”. Ed.XERAIS.- “O cuarto prohibido”.  OQO   EDUCACIÓN PRIMARIA. 3º CICLO.-         “Sálvate, Elías”. Ed.Kalandraka.-          “Dicionario dos seres míticos Galegos” Ed.XeraisO CLAUSTRO DE CENTIEIRAS.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

Aquí podedes escoitar o programa de radio da semana pasada.>

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 11-11-11

Aquí podedes escoitar o programa de radio da semana pasada.

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

Esta semana podedes ver e escoitar o libro que recomendamos na radio: "A figueira de Pelostortos".Agardamos que vos guste!

25 de Novembro

Este día adícase en todo o mundo a rachar coa violencia contra as mulleres. A violencia nunca debe existir na nosa vida. No cole estamos contra todos os tipos de violencia e quixémolo plasmar nas follas do outono que viran co vento levando a violencia e traendo amizade e cariño.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 25-11-11

Xa podedes escoitar o novo programa de radio.

XOGAMOS COAS FOLLAS A REPRESENTAR O OUTONO

Coa música do “Outono de Vivaldi “as follas voaban, enterraban o que atopaban e daban un cheiro especial.

OUTRA VEZ O SAMAÍN!!!!!

Moito traballaron para celebrar o Samaín 

Crónicas de centieiras