jueves, 6 de octubre de 2011

COUSAS DO OUTONO

O outono por fin comezou!!! Con frío, chuvia, vento… e nós na clase de tres anos xa empezamos a observar, tocar e experimentar con distintos obxectos.

CHEGOU O TEMPO DO OUTONO

 As primeiras chuvias  xa están aquí, observamos os cambios na paisaxe. Na clase dos peixes pintamos follas coas súas cores de outono: amarelo, vermello, marrón…Somos uns artistas!

OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS FIXEMOS BOCADILLOS!

… Pois sí. Tamén sabemos cociñar. Aquí estamos a facer uns bocadillos riquísimos de queixo, marmelada…. E despois ...a comer!

OBRADOIRO DE HIXIENE POSTURAL

Hoxe os nenos e nenas de 3º tiveron unha sesión de hixiene postural a cargo de Cristina, a fisioterapeuta do Centro de Saúde de Fene.Entre outras cousas, aprenderon como deben sentarse ou levantar pesos, ou como non cargar as mochilas cun peso superior ao 10% do seu peso corporal..

O SAMAÍN

Andan as bruxas polo cole, na clase dos peixes os nenos atoparon entre os xoguetes un sobre moi moi estraño. Tiña unhas etiquetas cheas de debuxos horripilantes, espantosos….Pensaron nun tesouro escondido, nun sombreiro de bruxa que tiñan que atopar. Deron en contalas , podía ser unha para cada un!Axiña algúns atoparon o seu nome, a outros costoulles un pouquiño máis, estaban un pouco asustados pensando como a bruxa entrara na clase.

PARABÉNS PEDRO!

O alumno de 4 anos Pedro Corral foi o gañador do primeiro premio de pintura de "ALI xoguetes" e agasallou ao cole cun lote de material de debuxo.Grazas Pedro.

OS TULIPÁNS DOS NENOS E NENAS DE 4º

O luns 24 de outubro, os nenos de 4º de Primaria plantamos bulbos de tulipáns, aproveitando que na área de Coñecemento do Medio estamos a traballar o tema das plantas. Cada un de nós temos a nosa maceta, coidámola e regámola. Estamos agardando que medren porque non sabemos se o imos conseguir, e tamén porque a cor da flor será unha sorpresa para todos, ninguén coñece a cor do bulbo que plantou!!!Xa vos iremos contando como van medrando. E son holandeses, eh!!!

5 DE OUTUBRO: DÍA DO MESTRE

º Estimadas nais e pais:Diante das declaracións  que aparecen nos medios de comunicación sobre as mobilizacións que os docentes do ensino público estamos levando a cabo, queremos achegarvos, con motivo do día do mestre, as razóns das nosas medidas de protesta, e rebater as mentiras que se están publicando:1.ª mentira: «Neste curso o profesorado vai traballar 4 horas máis» A xornada laboral segue sendo de 37,5 horas á semana. A diferenza é que no curso pasado tiñamos 21 horas para clases e gardas co ALUMNADO, e este curso teremos 25 horas. Isto implica 4 horas máis por cada docente, o que significa 1 profesor/a menos de cada 6. É, polo tanto, un ERE encuberto. A realidade é que, a data de hoxe,  5 de outubro, somos case 1000 docentes menos traballando con respecto ao ano pasado. No caso de Centieiras , somos 4 profesores menos que hai uns anos.2.ª mentira: «A medida mellora a atención ao alumnado» O alumnado segue a recibir as mesmas 25 horas de docencia que tiña o curso pasado. A diferenza é que, ao haber menos profesorado no centro, non se benefician de desdobramentos (separar alumnado en materias, cando habitualmente están unidos aínda que teñan distinta idade), de apoios, reforzos, de proxectos innovadores, do funcionamento da biblioteca… A menos mestres, menos funcións poden desenvolverse.3.ª mentira: «O curso pasado o profesorado marchaba para casa nesas 4 horas» O curso pasado só había dúas horas en que parte do profesorado non tiña por que permanecer no centro canda o alumnado. A xornada do profesorado completábase, e vaise seguir completando, con asistencia ao centro en horario en que o alumnado non está, para realizar funcións como: titorías de nais e pais, coordinación co resto do profesorado que imparte clase ao mesmo alumnado, apertura da biblioteca…4.ª mentira: «Os docentes só traballaban 21 horas» Non se poden contabilizar só as horas de contacto directo co alumnado. As clases necesitan a súa preparación e os alumnos e alumnas demandan unha atención individualizada que respecte os distintos ritmos e estilos de aprendizaxe. É coma se pensásemos que facer unha festa de magosto ou un festival de Nadal é só a súa celebración e non todas as horas que leva realizala.As nosas protestas, mobilizacións e reivindicacións son, polo tanto, EN DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE. En defensa das condicións en que os teus fillos e fillas reciben unha educación de calidade. Por iso é importante que te involucres nestas mobilizacións e que apoies a defensa do ensino público e rexeites os recortes en educación. Participa nas manifestacións de protesta. Toda a comunidade educativa está afectada, non só os docentes.O CLAUSTRO DE PROFESORES/AS.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 21-10-11

Esta semana comezamos coas Crónicas de Centieiras. Aquí podedes escoitar o programa.

RELAXACIÓN NA CLASE DE 3 ANOS

Despois de subir do recreo, facemos un pouco de relaxación, con música tranquila e as luces apagadas, para que se tranquilicen e empezar de novo a traballar. 

ENSINA E CONTA

Temos tantos e tantos xoguetes que non sabemos por onde empezar. Os venres facemos ENSINA E CONTA: traemos un xoguete, contamos que é, quen nolo mercou,..... e todo o que sabemos sobre el. 

Crónicas de centieiras