viernes, 6 de abril de 2012
Silvestre Gómez Xurxo no cole.
O pasado 12 de abril veu ao noso cole oescritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do libro “Ti non xogas!”, libro que vimosde ler os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria. O argumento do libro trata de quedurante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un solradiante. Pero Suso, o protagonista da historia, en vez de estar a xogar aofútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio daescola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque candoquería xogar Róber chimpoulle: Ti non xogas! Non houbo ninguén na escola que lledixese a Róber que iso non se podía facer, que todos poden xogar e que ninguénten dereito sobre os demais; por iso Suso está amolado, porque non soubo quefacer. Silvestre contounos que é mestre, queestudou tamén Xeografía e Historia, pero que nunca se dedicou a iso, queescribiu libros de texto e que nos seus ratos libres escribe libros para nenos.O primeiro libro que escribiu foi “Déixao medrar” e a raíz del comezou aescribir libros sobre situacións que acontecían nas escolas. Deixou que lle preguntásemos ecomezamos a nosa rolda de preguntas:- o primeiroque lle preguntamos era se ía haber unha segunda parte do libro, e díxonos quenon a ía haber porque a el non lle gustan as segundas partes nin nos libros ninnas películas.-preguntámoslle que canto tempo tardara en escribir o libro ao que contestou quedende que se lle ocorreu a idea pasaron catro anos, pero que, dende que se sentou no ordenador paraescribir ata que puxo o punto final á historia pasou un mes.- sobre apantasmiña preguntámoslle varias cousas pois é un ser que nos chamou moito aatención: * o primeiro que lle preguntamos foi opor que a escollera como confidente de Suso e díxonos que era porque nós, osnenos, pensamos moi rápido e de xeito desordenado, entón, se Suso tiña comoamiga unha pantasma ao falar en voz alta con ela e contarlle o que lle pasabafacía que os seus pensamentos fosen máis amodo e ordenados. * tamén lle preguntamos que por que sededicaba a coidar nenos e nenas de día e de noite e respondeu que a pantasmiñatiña un problema coa escuridade, non lle gustaba estar ás escuras, cousa moirara nas pantasmas, e entón ela polas noites acudía ás habitacións dos nenos edas nenas que durmían coa luz acesa. * fixémoslle a pregunta de se vía aPhanti como un ser pacifista, díxonos que si, pero que a palabra máis axeitadaera pacificador, porque o que Phanti buscaba era que houbese paz. * estrañounos que Phanti non quixeseque Suso a presentase a Patricia e ao seu pai e preguntámoslle o por que,respondeunos que a pantasmiña era moi súa e que só quería que Suso soubese dasúa existencia, non quería que ninguén máis se enterase que existía.- os nomesdas personaxes tamén foi un apartado que nos interesou e preguntámoslle secorrespondían a persoas que el coñecía porque nos resultaban nomes moifamiliares. A esta pregunta contestou que normalmente nas súas historias poñíanomes coñecidos e curtos, e case sempre buscaba nomes que non tivesen máis dedúas sílabas (Suso, Róber, Paio...)- nahistoria Suso ten como mascota un gato e conta que os gatos que saltan polasventás chámanse “gatos paracaidistas”, preguntámoslle se era certo que sechamaban así, díxonos que segundo os veterinarios si se chaman así porque aosgatos élles moi difícil calcular as distancias e a maior parte das veces, candovan saltar dun sitio a outro, calculan mal e caen no medio do salto.-preguntámoslle tamén polo seu traballo como escritor, respondeunos que o serescritor non era para el un traballo, que o facía porque lle gustaba e queescribía cando lle apetecía, que escribir non era unha obriga para el, e quenon se gañaba a vida sendo escritor. Contounos que sempre leva un caderniño no seu bolso no queescribe cousas que lle din e cousas que lle acontecen, que de cando en vez miraese caderno e ao mellor algunhas das anotacións lle serven como tema parapoñerse a escribir.-tamén noschamou a atención que Patricia, a miga de Suso, fose sempre respectada portodos os nenos e as nenas da escola, preguntámoslle por que era así e díxonosque nos era que fose respectada senón que ela tiña o don de facerse respectar.- pensamosque el, con esta historia, pretendía que aprendésemos algo e preguntámosllo;respondeu que o que quería era que os nenos e as nenas soubésemos resolver osnosos problemas por nós mesmos, que el cando estaba na escola traballando demestre, agora xa non vai porque está xubilado, vía que non eran quen desolucionalos eles solos e que sempre buscaban a axuda dos mestres. El cre quehai situacións nas que non deben intervir os mestres, que deben ser os nenos eas nenas os que as resolvan; pero que si ten claro que en certos momentos,cando non poden ser solucionadas polos nenos e as nenas, debe intervir oadulto. Despois de todo este bombardeo depreguntas firmou con pluma, cousa que nos chamou a atención porque os nososprofes normalmente escriben con bolígrafo ou rotulador, os nosos libros,poñendo en cada un deles o noso nome. Tamén escribiu unha pequena dedicatoriano libro que temos na biblioteca no que puxo que agradecía ao cole o traballoque estaba a facer en favor da lectura. Foi moi interesante, falaba con nóscoma se nos coñecese!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Comezamos un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar. Queremos darvos a benvid...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...
No hay comentarios:
Publicar un comentario