miércoles, 6 de junio de 2012

Experimento: As plantas II

Neste novo reto as nenas e nenos de Centieiras profundizan no proceso de alimentación das plantas. No anterior experimento comprobamos que éstas toman a auga polas raíces de xeito que levan todos os nutrintes ata cada unha das súas partes. Como podemos confirmar que esta hipótese é certa?Para iso mesturamos tinta azul coa agua da que se nutren. De ser certa a teoría a tinta tería que percorrer todo o interior das plantas.Para ver os efectos da tinta empregamos dous caraveis de pétalos brancos. Facemos un corte limpo nos seus talos e introducimos un deles na auga con tinta e o outro en auga limpa para ter unha mostra de referencia.Ao día seguinte empezamos a ver os efectos da tinta nos bordes dos pétalos xurdindo unha cor azul clara. Pasados dous días os caraveis alimentados pola tinta mostran uns pétalos de cor azul intensa mentres os caraveis alimentados simplemente con auga mostran un aspecto normal. O noso obxectivo está acadado. Xa podemos afirmar que as plantas absorben agua polas raíces e que ésta chega a todas as súas partes distribuindo os nutrintes necesarios para o seu crecemento.  

Os Maios 2012

Con certo retraso xa temos por fin a entrada sobre o festival dos Maios con fotografías e vídeo incluído. Organizamos en Centieiras unha mañá diferente coa que quixemos dar a benvida ao bo tempo e aos días soleados, que por certo, parece que non terminan de chegar. Grazas á colaboración dos rapaces e moitos ensaios previos, esa mañá puidemos disfrutar dun ameno espectáculo cheo de poesía, baile, cancións e sobre todo moita troula e ilusión. Tamén é de agradecer a presenza dos pais, que nos animaron en todo momento e viviron a xornada con tanta ilusión ou máis que os propios nenos. Se queredes podedes revivir ese día botando unha ollada ás actuacións. Que o disfrutedes!

Crónicas de centieiras