Mostrando entradas con la etiqueta colexio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta colexio. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de mayo de 2013

AS LETRAS GALEGAS

A semana do 13 demaio celebrouse en todos os coles de Galicia, a Semana das Letras Galegas. Esteano dedicouse a Roberto Vidal Bolaño e no noso cole os nenos e nenas deEducación Infantil despois de traballar aspectos da vida deste autor fixemos unmural. Fixémolo a partir dun debuxo da cara de Roberto, cada neno aportou unha.Finalmente para decoralo fixémoslle un marco con grandes xirasoles, no que comopodedes comprobar non falta detalle. Nestas fotos podemos ver como o fixemos eo resultado.MAIOS 2013 - diapositivas

SIMULACRO

Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriormente. Despois os bombeiros tíñanllesunha sorpresa aos nenos de infantil: TROUXERON O CAMIÓN !Puidemos subirnel, velo por dentro, algúns nenos puxéronse o casco... Todos os nenos e nenasconvertémonos en bombeiros durante un momento.

OS MAIOS

O 15 de maiocelebramos o día dos Maios no cole. Para isto as familias aportaron as flores,laranxas, ovos...cos  que puidemos elaboraros maios e a gran alfombra, co cal aproveitamos para darlles as grazas pola súacolaboración. Para facer os maios distribuímonos da seguinte maneira para queparticipasen todos os nenos e nenas do cole. Os nenos e nenas de infantilfixeron un maio con dous grandes arcos e os de primaria un fermoso maio enforma de hórreo. Todo isto o fixemos o día anterior para poder expoñelos nocole o día 15. O día 16 entre todos fixemos unha gran alfombra decorando aentrada, no patio cuberto. Debido a cuestións meterolóxicas tivemos quecancelar o festival que tiñamos preparado xa que ía ser ao aire libre. Perodecidimos polo menos para rematar a xornada cantar todos os nenos e nenas docole ao redor dos maios “Ahí ven o maio”

XA ESTAMOS AQUÍ

Aocomezo do mes de abril chegou ao cole unha caixa con ovos de verme. Chegaron odía 2 e ao día seguinte xa naceron os primeiros vermes. Témolos no primeiroandar para poder velos todos os nenos e nenas do cole e temos que darlles decomer follas de moreira. Os nenos e nenas de infantil iremos observando a súaevolución e rexistrando os cambios no mural.

MAIO

Maio o mes das letras, o mes dos contos. Na biblioteca oalumnado de infantil desfrutamos das sesións de Contacontos: primeiro os daeditorial Everest trouxéronnos un baúl máxico do que saían  incribles personaxes e o concello de Fene coasúa proposta CONTOS DA IGUALDADE está a facernos reflexionar sobre a idea deque todos os nenos e as nenas poden chegar a ser o que eles queiran.PASÁMOLO MOI BEN !!!

CONTOS POLA IGUALDADE

O luns remataron os “Contos pola Igualdade” que nos trouxoeste curso o concello de Fene. 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

miércoles, 6 de marzo de 2013

Fene Lendo Mulleres

WASSILY KANDINSKY CON PEDRAS !!

Despois de ler unhaspistas atopamos pedras, sí, pedras da praia na aula e no corredor. Para que serán?Foi moi divertido porque as pintamos con témperasfacendo triángulos concéntricos emontamos un cadro de KANDINSKY  "CADRADOS DE COR".Canta cor e cantaluz!! Que orgullosos e orgullosas estamos do noso cadro!!Así foi con este cadro que iniciamos o noso proxecto” XOGAMOS COS TRIÁNGULOS"

O TANGRAM E AS MATEMÁTICAS

Un novoquebracabezas chino moi antigo chegou a nosa aula. Facemos figuras planas conestas sete pezas sen solapas, das cales 5 son triángulos que xa os coñecemosmoi ben. Constitúen un material didáctico  ideal para desenvolver habilidades mentais,mellorar a situación espacial e moito máis.Deixámosvos estasfotos para que vexades como o facemos.  

Os nosos triángulos de plastilina

A aula de 6º de Educación Infantil agora si que sabe moitas cousas dos triángulos.Fixemos uns triángulos de plastilina vernizados para que quedaran ríxidos e neles sinalamos os lados e os vértices.Quedaron moi chulos e aproveitamos para ordenalos de maior a menor.

Composición

Os nenos e as nenas de 4º de Infantil experimentamos con novas ferramentas, o COMPÄS, e con el fixemos esta composición de coloridos e divertidos círculos...SOMOS UNS ARTISTAS!!!

Albaneis das figuras xeométricas

Na clase de 6º deEducación Infantil seguimos traballando as figuras xeométricas e cada díasabemos máis cousas.Esta vez fixemosfiguras xeométricas con pedras. Estas figuras fixémolas primeiro en parellas edespois en equipos. Para isto tivemos que repartirnos as pedras e foi un poucocomplicado para que cada equipo tivese o mesmo número de pedras. Despois demoito pensar e pensar, atopamos unha solución e foi ir repartindo as pedras de5 en 5 ata rematalas, ao final sobrounos unha. Fixemos rectángulos, triángulos,rombos, círculos, triángulos dentro de outros triángulos...

8 DE MARZO Día da Muller traballadora

O colexio Centieiras deulle voz en Fene lendo Mulleres a algúns dos poemas de "Cantares Gallegos" deRosalía de Castro por cumprírense neste 2013 cento cincuenta anos da súa publicación.Tamén quixemos homenaxear a todas as mulleres do mundo e o fixemos a través dunha superposición de fotos de mulleres sobre o rostro de Rosalía de Castro. E coa visita especial da profe Paloma, que lles contou a todas as nenas e os nenos do cole uns contos moi apropiados para festexar este día. Uns contos preciosos, recén publicados por ela e Cristina Justo.                 

MATRÍCULA CURSO 2013/2014

Podedes descargar os impresos nos seguintes enlaces:CalendarioSolicitude de admisión     Orde de admisión Formulario de matrículaDecreto de admisión

miércoles, 6 de febrero de 2013

CONTACONTOS

Hoxe día 26 de febreiro foi un día diferente para os nenos e as nenas do primeiro ciclo. Despois do recreo viñeron os contacontos da editorial Kalandraka a escenificar: "Os petos de Loreto", "A galiña roxa" e "Crictor".

OS MENORES FRONTE A INTERNET

Onte, martes 19 de febreiro ás catro da tarde, a Biblioteca do centro contou cun experto da Garda Civil en delitos informáticos. Deu unha charla para os pais e as nais, profesores e profesoras do centro sobre a necesidade de promover ante os nenos e nenas un uso de internet seguro. Resultou unha charla moi interesante, e o noso ver imprescindible para poder previr a aparición dalgún problema.

O día da Paz

O día 30 de Xaneiro celebramos no Cole o Día da Paz.Co lema "Abrigámonos coa paz" colgamos diferentes prendas de abrigo na entrada das que penduran diferentes mensaxes, palabras e frases que nos abrigaron estes días. Despois xuntámonos todos os nenos/as e os profes na biblioteca e cantamos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra.

Crónicas de centieiras