domingo, 6 de mayo de 2012

Visita de Paula Carballeira

Paula Carballeira visita o colexio de Centieiras para levar aos nenos de infantil ata os fascinantes mundos dos contos. Dende sereas até dragóns, auga e tsunamis cun chisco de cultura xaponesa, Paula mantivo o interese dos rapaces quen non perderon detalle. Moitas grazas pola túa visita e que volvas moi pronto! 

Os pés - 6º de infantil

Os pésSempre dentro dos zapatos, das botas, dos tenis.....pois de cando en vezhai que sacalos e nos relaxamos moito mellor.....

Curtas

Ocolexio CEIP de Centieiras comprácese en presentar as dúascurtametraxes que crearon os alumnos de 6º de infantil e 4º deprimaria. Este proxecto xorde da editorial OQO, que propón aoscentros de infantil e primaria a creación dunhas curtametraxesbaseadas nos seus contos e realizados coa técnica de stop motion.Ditatécnica consiste en ir sacando fotos a obxectos que van variando asúa posición progresivamente de modo que ao xuntar un mínimo de 15fotografías nun segundo prodúcese o efecto do movemento. Nin quedicir ten que o proceso é lento e moi laborioso pero tremendamentegratificante cando se acadan uns resultados tan bos como os obtidos.Ademaisos nenos desenvolveron moitas aprendizaxes coa súa elaboración.Dende o deseño de personaxes, creación de bosquexos e guións,aplicación de distintas técnicas de debuxo, estudo da perspectiva,control do espazo e o tempo, etc... pero sobre todo aprenderon ovalor da paciencia, tan escasa na súa idade.Esperamos que vos gusten e queos acollades coa mesma ilusión que os alumnos puxeronneles."Un can e un gato." "A tartaruga que quería durmir."

Experimento: As plantas I

Os nenos de 5º de infantil do CEIP de Centieiras investigan como se alimentan as plantas polas raíces. Grazas a unhas simpáticas cabezas cheas de sementes que absorben a auga por un cordón unido a súa base, como se fose un pescozo moi longo, as nenas e os nenos descubren o proceso de absorción da auga das plantas.Despois de mergullar as cabezas nun recipiente con auga de xeito que as sementes teñan suficiente humidade para xerminar, déixanse pousadas sobre un vaso co fondo cuberto de auga para que se manteña. Aos poucos días comeza a crecer o céspede que cobre toda a cabeza. Cando alcanza a altura necesaria é bo momento para que os nenos lle practiquen un bo corte de pelo. 

Crónicas de centieiras