martes, 6 de marzo de 2012

Día da Internacional da muller

O pasado 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. Como todos os anos aceptamos o convite do Concello para ir ao acto de Fene lendo mulleres, este ano foron os nenos e as nenas de 4º e 5º. Ademáis as cántigas e lecturas que preparamos tamén as compartimos este ano co alumnado.Wangari Maathai e todas as mulleres africanas, estiveron moi presentes nos nosos actos, nas fotos podedes ver o mural que fixo o alumnado de Educación Infantil de Wangari Maathai (Premio Nobel da Paz 2003), e tamén o noso  Batik, elaborado por todo o alumnado do cole.

Día da paz.

O Día 30 de xaneiro, aniversario do asasinato de Gandhi, celebramos como todos os anos o Día da paz. Este ano unímonos á proposta do Seminario Galego de Educación para a paz  de facer uns "PARAUGAS POLA PAZ", que, como vedes,  quedaron moi lucidos, e que agora adornan a nosa entrada.

UNHA VISITA DENDE AS FRAGAS DA EUME

O pasado venres tivemos no cole unha visita moi especial, Antón, Garda Forestal das Fragas do Eume veu contarlles aos nenos e as nenas de Educación Primaria moitas cousas do seu traballo,  e tamén dos animais que  viven nas Fragas do Eume. Moitas Grazas Antón.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 23-03-2012

Un novo programa do noso exitoso programa "As crónicas de Centieiras" ya está no blogue.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 16-03-2012

Xa temos dispoñible o último programa das Crónicas de Centieiras.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 2-3-2012

Novo programa especial das crónicas de Centieiras. Non volo perdades!

Nenos de 4º e 5º "Lendo mulleres" na biblioteca do concello de Fene.

O día 8 de marzo os nenos e as nenas de 4º e 5º foron como todos os anos á biblioteca de Fene, ao acto de Fene lendo mulleres. Fixéronno moi ben, quedou verdadeiramente lucido, nótase que traballaron.Este mesmo programa retransmitiranno por Radio Fene o 28 de marzo de 14:00 h a 14:30 h . Non o perdades.

Crónicas de centieiras