sábado, 6 de octubre de 2012
OS NOVOS PEQUERRECHOS
Un ano máis. Comeza o curso e 25 diminutas personiñas inician a súa andaina escolar. Bolboretas na barriga, ollos brillantes, cariñas de ilusión....Tamén de susto. Hai choros, hai risas, hai mans que non queren soltar a da mamá, a do avó...Pero sobretodo hai un proxecto de futuro en cada unha e cada un deles. Unfuturo que merecen, que temos a obriga de proporcionarlles, e aquí estamos, para axudarlles a chegar a onde queiran, por lonxe que sexa, por difícil que pareza. As nosas nenas e os nosos nenos esixen o mellor de nós, das famílias e do cole. Tentamos cada dia de facelo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
A semana do 13 demaio celebrouse en todos os coles de Galicia, a Semana das Letras Galegas. Esteano dedicouse a Roberto Vidal Bolaño e no no...
-
O SAMAÍN.O Samaín é unha celebración de orixe celta que se converteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unas décadas esquecida, pe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario