sábado, 6 de octubre de 2012
O CORPO HUMANO
O pasado 10 de outubro, Lucía, nai deste cole, é de profesión enfermeira e veu contarnos moitas cousas sobre o noso corpo. Contounos quen son uns bichiños chamados virus que están por todas partes, sobretodo nos lugares sucios, e entran no noso corpo pola gorxa, ou polo nariz e provocan enfermidades moi molestas. Para previr a invasión deses corpos debemos ter sempre todo moi limpo e ordeado, pois aos virus non lles gusta nada a auga.Tamén escoitamos o corazón cun estetoscopio, e puxemos mascarillas que nos trouxo de agasallos. Pero, o máis especial, sobretodo para Laura e Eva foi cando apareceu Paco, sen esquelete, que lle serviu a Lucía para explicarnos os tipos de articulacións, cales eran e porqué son tan importantes. Moitas grazas, Lucía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Con certo retraso xa temos por fin a entrada sobre o festival dos Maios con fotografías e vídeo incluído. Organizamos en Centieiras unha mañ...
-
Con motivo da chegada do Nadal oalumnado de 4º e 6º de educación infantil creamos unha árbore de Nadalinspirada no cadro “Os reloxos brandos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario