domingo, 6 de mayo de 2012
Experimento: As plantas I
Os nenos de 5º de infantil do CEIP de Centieiras investigan como se alimentan as plantas polas raíces. Grazas a unhas simpáticas cabezas cheas de sementes que absorben a auga por un cordón unido a súa base, como se fose un pescozo moi longo, as nenas e os nenos descubren o proceso de absorción da auga das plantas.Despois de mergullar as cabezas nun recipiente con auga de xeito que as sementes teñan suficiente humidade para xerminar, déixanse pousadas sobre un vaso co fondo cuberto de auga para que se manteña. Aos poucos días comeza a crecer o céspede que cobre toda a cabeza. Cando alcanza a altura necesaria é bo momento para que os nenos lle practiquen un bo corte de pelo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Con certo retraso xa temos por fin a entrada sobre o festival dos Maios con fotografías e vídeo incluído. Organizamos en Centieiras unha mañ...
-
Con motivo da chegada do Nadal oalumnado de 4º e 6º de educación infantil creamos unha árbore de Nadalinspirada no cadro “Os reloxos brandos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario