domingo, 6 de mayo de 2012
Curtas
Ocolexio CEIP de Centieiras comprácese en presentar as dúascurtametraxes que crearon os alumnos de 6º de infantil e 4º deprimaria. Este proxecto xorde da editorial OQO, que propón aoscentros de infantil e primaria a creación dunhas curtametraxesbaseadas nos seus contos e realizados coa técnica de stop motion.Ditatécnica consiste en ir sacando fotos a obxectos que van variando asúa posición progresivamente de modo que ao xuntar un mínimo de 15fotografías nun segundo prodúcese o efecto do movemento. Nin quedicir ten que o proceso é lento e moi laborioso pero tremendamentegratificante cando se acadan uns resultados tan bos como os obtidos.Ademaisos nenos desenvolveron moitas aprendizaxes coa súa elaboración.Dende o deseño de personaxes, creación de bosquexos e guións,aplicación de distintas técnicas de debuxo, estudo da perspectiva,control do espazo e o tempo, etc... pero sobre todo aprenderon ovalor da paciencia, tan escasa na súa idade.Esperamos que vos gusten e queos acollades coa mesma ilusión que os alumnos puxeronneles."Un can e un gato." "A tartaruga que quería durmir."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Comezamos un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar. Queremos darvos a benvid...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...
No hay comentarios:
Publicar un comentario