sábado, 6 de octubre de 2012

PONTE NO MEU LUGAR

A semana pasada estivemos desenvolvendo en sexto de primaria unha unidade didáctica en colaboración cos nosos veciños feneses de ASPANEPS. Antigos alumnos do centro, cos seus monitores, axudáronnos a entender mellor o mundo que nos rodea. Por medio de xogos, fichas películas e práctica, moita práctica, puidemos ser un pouco máis conscientes dos problemas de accesibilidade que se poden padecer no noso contorno e as maneiras de poder superalos. Falamos de empatía, de valores, de capacidades, de singularidades e de colaboración. As actividades, que presenciaron en directo o Alcalde de Fene e a Concelleira de Cultura, que comezaron con grandes carteis explicativos situados no vestíbulo do colexio, remataron o venres con moitas e atractivas prácticas e todo o recinto e edificio escolar así como nas rúas inmediatas ao centro. E todo desde as dez da mañá ata a unha e media.Ponte no meu lugar - diapositivas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Crónicas de centieiras