domingo, 6 de noviembre de 2011
O MAGOSTO: Venres 11 de novembro de 2011
O SAMAÍN.O Samaín é unha celebración de orixe celta que se converteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unas décadas esquecida, pero nos últimos anos temos a fortuna de recuperala co traballo realizado nas escolas e en moitos concellos de Galiza.A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.O MAGOSTOO aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinocio. Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas, alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.Os nenos non faltarán ao seu divertido costume: collerán un presa de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".AS FESTAS DO OUTONO EN CENTIEIRAS“Ditoso o mes que empeza con Santos e remata con San Andrés”. Como todos os anos o CEIP CENTIEIRAS celebra as festas do outono, non podería ser doutro xeito. Non podemos deixar pasar esta oportunidade sen agradecervos a vosa colaboración, a vosa participación, e a vosa confianza en nós.Esperámosvos mañá sobre ás 12:30 h.Agradecemos tamén ao supermercado EROSKI a súa desinteresada colaboración nesta festa.AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LITERARIASCalquera momento é bo para unha boa lectura. Aí vos van as nosas recomendacións de outono. EDUCACIÓN INFANTIL:- “Os tres bandidos”. Ed.Kalandraka.- “Os bolechas teñen medo”. A NOSA TERRA.EDUCACIÓN PRIMARIA. 1º CICLO.- Colección “O baúl dos monstros”. BAÍA Edicións. - “O medo”. Ed. IR INDO. EDUCACIÓN PRIMARIA. 2º CICLO.- “Fantasmas no corredor”. Ed.XERAIS.- “O cuarto prohibido”. OQO EDUCACIÓN PRIMARIA. 3º CICLO.- “Sálvate, Elías”. Ed.Kalandraka.- “Dicionario dos seres míticos Galegos” Ed.XeraisO CLAUSTRO DE CENTIEIRAS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Comezamos un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar. Queremos darvos a benvid...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...
No hay comentarios:
Publicar un comentario