domingo, 6 de noviembre de 2011
O MAGOSTO - A FESTA
Xa vistes as nosas cantigas interpretadas polos nenos e as nenas, pero tivemos tamén a sorte de contar cunha nai colaboradora que nos fixo este bonito agasallo. Grazas Bea.
O MAGOSTO
O pasado 11 de novembro celebramos O Magosto no noso cole, ese día cantamos todos: nenos e nenas e tamén as persoas maiores. Para recordar esta celebración vaivos aquí unha mostra do que fixeron.Grazas pola vosa presenza na nosa festa do outono.
ENSALADILLA
Cociñar é imprescindible para a vida por iso puxémonos mans á obra: …. lavamos, cortamos, misturamos…..VAIA ENSALADILLA!!!!!!No recreo comerémola.
O MAGOSTO: Venres 11 de novembro de 2011
O SAMAÍN.O Samaín é unha celebración de orixe celta que se converteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unas décadas esquecida, pero nos últimos anos temos a fortuna de recuperala co traballo realizado nas escolas e en moitos concellos de Galiza.A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.O MAGOSTOO aire das frías noites do 1 e o 11 de novembro levou sempre en Galicia o recendo das castañas asadas. O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinocio. Proclamada de novo raíña, o queixume da castaña mentres é cociñada convida a compartir con familiares e amigos as horas nocturnas, alumeados polas faíscas da lareira e a luz das lapas baixo o ceo raso.Os nenos non faltarán ao seu divertido costume: collerán un presa de cinza e tisnarán as caras uns a outros, chanza que repetirán logo cos adultos. "Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto".AS FESTAS DO OUTONO EN CENTIEIRAS“Ditoso o mes que empeza con Santos e remata con San Andrés”. Como todos os anos o CEIP CENTIEIRAS celebra as festas do outono, non podería ser doutro xeito. Non podemos deixar pasar esta oportunidade sen agradecervos a vosa colaboración, a vosa participación, e a vosa confianza en nós.Esperámosvos mañá sobre ás 12:30 h.Agradecemos tamén ao supermercado EROSKI a súa desinteresada colaboración nesta festa.AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LITERARIASCalquera momento é bo para unha boa lectura. Aí vos van as nosas recomendacións de outono. EDUCACIÓN INFANTIL:- “Os tres bandidos”. Ed.Kalandraka.- “Os bolechas teñen medo”. A NOSA TERRA.EDUCACIÓN PRIMARIA. 1º CICLO.- Colección “O baúl dos monstros”. BAÍA Edicións. - “O medo”. Ed. IR INDO. EDUCACIÓN PRIMARIA. 2º CICLO.- “Fantasmas no corredor”. Ed.XERAIS.- “O cuarto prohibido”. OQO EDUCACIÓN PRIMARIA. 3º CICLO.- “Sálvate, Elías”. Ed.Kalandraka.- “Dicionario dos seres míticos Galegos” Ed.XeraisO CLAUSTRO DE CENTIEIRAS.
A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
Esta semana podedes ver e escoitar o libro que recomendamos na radio: "A figueira de Pelostortos".Agardamos que vos guste!
25 de Novembro
Este día adícase en todo o mundo a rachar coa violencia contra as mulleres. A violencia nunca debe existir na nosa vida. No cole estamos contra todos os tipos de violencia e quixémolo plasmar nas follas do outono que viran co vento levando a violencia e traendo amizade e cariño.

XOGAMOS COAS FOLLAS A REPRESENTAR O OUTONO
Coa música do “Outono de Vivaldi “as follas voaban, enterraban o que atopaban e daban un cheiro especial.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Os nenos e as nenas de tres anos empezaron a súa andaina lectora. Coñeceron a Pepón que lles tiña preparado o conto con sons A toupiña que q...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...