jueves, 6 de octubre de 2011
5 DE OUTUBRO: DÍA DO MESTRE
º Estimadas nais e pais:Diante das declaracións que aparecen nos medios de comunicación sobre as mobilizacións que os docentes do ensino público estamos levando a cabo, queremos achegarvos, con motivo do día do mestre, as razóns das nosas medidas de protesta, e rebater as mentiras que se están publicando:1.ª mentira: «Neste curso o profesorado vai traballar 4 horas máis» A xornada laboral segue sendo de 37,5 horas á semana. A diferenza é que no curso pasado tiñamos 21 horas para clases e gardas co ALUMNADO, e este curso teremos 25 horas. Isto implica 4 horas máis por cada docente, o que significa 1 profesor/a menos de cada 6. É, polo tanto, un ERE encuberto. A realidade é que, a data de hoxe, 5 de outubro, somos case 1000 docentes menos traballando con respecto ao ano pasado. No caso de Centieiras , somos 4 profesores menos que hai uns anos.2.ª mentira: «A medida mellora a atención ao alumnado» O alumnado segue a recibir as mesmas 25 horas de docencia que tiña o curso pasado. A diferenza é que, ao haber menos profesorado no centro, non se benefician de desdobramentos (separar alumnado en materias, cando habitualmente están unidos aínda que teñan distinta idade), de apoios, reforzos, de proxectos innovadores, do funcionamento da biblioteca… A menos mestres, menos funcións poden desenvolverse.3.ª mentira: «O curso pasado o profesorado marchaba para casa nesas 4 horas» O curso pasado só había dúas horas en que parte do profesorado non tiña por que permanecer no centro canda o alumnado. A xornada do profesorado completábase, e vaise seguir completando, con asistencia ao centro en horario en que o alumnado non está, para realizar funcións como: titorías de nais e pais, coordinación co resto do profesorado que imparte clase ao mesmo alumnado, apertura da biblioteca…4.ª mentira: «Os docentes só traballaban 21 horas» Non se poden contabilizar só as horas de contacto directo co alumnado. As clases necesitan a súa preparación e os alumnos e alumnas demandan unha atención individualizada que respecte os distintos ritmos e estilos de aprendizaxe. É coma se pensásemos que facer unha festa de magosto ou un festival de Nadal é só a súa celebración e non todas as horas que leva realizala.As nosas protestas, mobilizacións e reivindicacións son, polo tanto, EN DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE. En defensa das condicións en que os teus fillos e fillas reciben unha educación de calidade. Por iso é importante que te involucres nestas mobilizacións e que apoies a defensa do ensino público e rexeites os recortes en educación. Participa nas manifestacións de protesta. Toda a comunidade educativa está afectada, non só os docentes.O CLAUSTRO DE PROFESORES/AS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Comezamos un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar. Queremos darvos a benvid...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...
No hay comentarios:
Publicar un comentario