martes, 6 de diciembre de 2011

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 16-12-11

Esta semana no noso programa de radio contamos cos nenos e nenas de 5º que fixeron a canción "O Apalpador" e acompañaron aos nenos e nenas de 6º cantando e tocando a panxoliña de Centieiras, composta por Iván Vale "Folerpas de paz".Agardamos que vos guste!!

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 2-12-2011

Xa podedes escoitar o novo programa de radio no que ademais das nosas recomendacións musicais e literarias podedes escoitar a entrevista que lle fixemos á nosa directora Carmen.

DONA PIZA

Hoxe toca piza. Lavamos ben as mans, cortamos, colocamos, no recreo ao micro ... E A COMEEEEEEEEEEEER!!!!!!!

O SAPO ENCANTADO

O mércores 30 de Novembro visitounos a compañía de títeres "Tres globos".A súa obra "O Sapo encantado" fíxonos pasar un bo rato e descubrimos o poder que poden ter os nosos bicos.

POLO NADAL TAMÉN LIBROS

 

domingo, 6 de noviembre de 2011

O MAGOSTO - A FESTA

Xa vistes as nosas cantigas interpretadas polos nenos e as nenas, pero tivemos tamén a sorte de contar cunha nai colaboradora que nos fixo este bonito agasallo. Grazas Bea.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 28-10-11

Aquí podedes escoitar o programa de radio da semana pasada.

Crónicas de centieiras