
Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria volveron saír o luns 20 do Colexio, esta vez para facer unha excursión preciosa por un dos entornos ecolóxicos máis importantes da nosa zona: As Fragas do Eume. Fixeron unha ruta de sendeirismo e kaiak disfrutando da paisaxe e do deporte. Segundo nos contaron pasárono xenial.


>Pero esta despedida non deixa de ter un sabor agridoce, porque deixo o meu cole, o tan querido cole Centieiras. Tantos compañeiros e compañeiras, alumnos e alumnas, familias, momentos e recordos que levarei alí onde vaia.Só poido dicir GRAZAS,MOITAS GRAZAS , porque o que recibín foi moito máis que o que puiden dar.Non é un adeus é un ata sempre.

Remata o curso e nos despedimos do cole até setembro, pero temos un nó no peito porque hai unha persoa que non vai estar: "A profe María", aledámonos por ela, non pode ser doutro xeito, porque o cambio vai ser para mellor, pero non queremos que te vaias sen darche as grazas por todo, por estar sempre aí, por ser tan boa compañeira, por ter todos eses valores que tan ben transmites aos nenos e as nenas. Por todo iso, querémoste e desexámosche o mellor. Boa sorte.