miércoles, 6 de marzo de 2013

Fene Lendo Mulleres

WASSILY KANDINSKY CON PEDRAS !!

Despois de ler unhaspistas atopamos pedras, sí, pedras da praia na aula e no corredor. Para que serán?Foi moi divertido porque as pintamos con témperasfacendo triángulos concéntricos emontamos un cadro de KANDINSKY  "CADRADOS DE COR".Canta cor e cantaluz!! Que orgullosos e orgullosas estamos do noso cadro!!Así foi con este cadro que iniciamos o noso proxecto” XOGAMOS COS TRIÁNGULOS"

O TANGRAM E AS MATEMÁTICAS

Un novoquebracabezas chino moi antigo chegou a nosa aula. Facemos figuras planas conestas sete pezas sen solapas, das cales 5 son triángulos que xa os coñecemosmoi ben. Constitúen un material didáctico  ideal para desenvolver habilidades mentais,mellorar a situación espacial e moito máis.Deixámosvos estasfotos para que vexades como o facemos.  

Os nosos triángulos de plastilina

A aula de 6º de Educación Infantil agora si que sabe moitas cousas dos triángulos.Fixemos uns triángulos de plastilina vernizados para que quedaran ríxidos e neles sinalamos os lados e os vértices.Quedaron moi chulos e aproveitamos para ordenalos de maior a menor.

Composición

Os nenos e as nenas de 4º de Infantil experimentamos con novas ferramentas, o COMPÄS, e con el fixemos esta composición de coloridos e divertidos círculos...SOMOS UNS ARTISTAS!!!

Albaneis das figuras xeométricas

Na clase de 6º deEducación Infantil seguimos traballando as figuras xeométricas e cada díasabemos máis cousas.Esta vez fixemosfiguras xeométricas con pedras. Estas figuras fixémolas primeiro en parellas edespois en equipos. Para isto tivemos que repartirnos as pedras e foi un poucocomplicado para que cada equipo tivese o mesmo número de pedras. Despois demoito pensar e pensar, atopamos unha solución e foi ir repartindo as pedras de5 en 5 ata rematalas, ao final sobrounos unha. Fixemos rectángulos, triángulos,rombos, círculos, triángulos dentro de outros triángulos...

Crónicas de centieiras