
miércoles, 6 de febrero de 2013
CONTACONTOS

OS MENORES FRONTE A INTERNET
Onte, martes 19 de febreiro ás catro da tarde, a Biblioteca do centro contou cun experto da Garda Civil en delitos informáticos. Deu unha charla para os pais e as nais, profesores e profesoras do centro sobre a necesidade de promover ante os nenos e nenas un uso de internet seguro. Resultou unha charla moi interesante, e o noso ver imprescindible para poder previr a aparición dalgún problema.
O día da Paz
O día 30 de Xaneiro celebramos no Cole o Día da Paz.Co lema "Abrigámonos coa paz" colgamos diferentes prendas de abrigo na entrada das que penduran diferentes mensaxes, palabras e frases que nos abrigaron estes días. Despois xuntámonos todos os nenos/as e os profes na biblioteca e cantamos a canción "O mundo é grande" de Mamá Cabra.
DÍA DE ROSALÍA
O pasado venres 22 de febreiro, o cole de Centieiras adheriuse a unha iniciativa promovida polo Concello de fene e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, para celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o 150 aniversario de cantares Gallegos.No cole limos dúas poesías: "Como chove miudiño" e "Adiós ríos, adiós fontes".
O ENTROIDO MÁXICO
O pasado 8 de febreiro os nenos, as nenas e os profes do Cole fomos disfrazados de seres máxicos.Este ano desfilamos con música polas rúas de Fene até o Concello. Os nenos e nenas de Educación Infantil vestíronse de unicornios, os do primeiro ciclo de bruxos/as e fadas, os de segundo de magos/as, os de terceiro e de cuarto de trasnos e os de de quinto e sexto de zombis e vampiresas e vampiros. Cando volvimos para Centieiras puidemos degustar saborosos doces no posto que puxeron os nenos e as nenas de 5º e 6º.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Os nenos e as nenas de tres anos empezaron a súa andaina lectora. Coñeceron a Pepón que lles tiña preparado o conto con sons A toupiña que q...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...