martes, 6 de marzo de 2012
Día da Internacional da muller
O pasado 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora. Como todos os anos aceptamos o convite do Concello para ir ao acto de Fene lendo mulleres, este ano foron os nenos e as nenas de 4º e 5º. Ademáis as cántigas e lecturas que preparamos tamén as compartimos este ano co alumnado.Wangari Maathai e todas as mulleres africanas, estiveron moi presentes nos nosos actos, nas fotos podedes ver o mural que fixo o alumnado de Educación Infantil de Wangari Maathai (Premio Nobel da Paz 2003), e tamén o noso Batik, elaborado por todo o alumnado do cole.
Día da paz.
O Día 30 de xaneiro, aniversario do asasinato de Gandhi, celebramos como todos os anos o Día da paz. Este ano unímonos á proposta do Seminario Galego de Educación para a paz de facer uns "PARAUGAS POLA PAZ", que, como vedes, quedaron moi lucidos, e que agora adornan a nosa entrada.
UNHA VISITA DENDE AS FRAGAS DA EUME

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 23-03-2012

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS 2-3-2012

Nenos de 4º e 5º "Lendo mulleres" na biblioteca do concello de Fene.
O día 8 de marzo os nenos e as nenas de 4º e 5º foron como todos os anos á biblioteca de Fene, ao acto de Fene lendo mulleres. Fixéronno moi ben, quedou verdadeiramente lucido, nótase que traballaron.Este mesmo programa retransmitiranno por Radio Fene o 28 de marzo de 14:00 h a 14:30 h . Non o perdades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Os nenos e as nenas de tres anos empezaron a súa andaina lectora. Coñeceron a Pepón que lles tiña preparado o conto con sons A toupiña que q...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...