COLEXIO CENTIEIRAS
jueves, 6 de junio de 2013
lunes, 6 de mayo de 2013
AS LETRAS GALEGAS
A semana do 13 demaio celebrouse en todos os coles de Galicia, a Semana das Letras Galegas. Esteano dedicouse a Roberto Vidal Bolaño e no noso cole os nenos e nenas deEducación Infantil despois de traballar aspectos da vida deste autor fixemos unmural. Fixémolo a partir dun debuxo da cara de Roberto, cada neno aportou unha.Finalmente para decoralo fixémoslle un marco con grandes xirasoles, no que comopodedes comprobar non falta detalle. Nestas fotos podemos ver como o fixemos eo resultado.MAIOS 2013 - diapositivas
SIMULACRO
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriormente. Despois os bombeiros tíñanllesunha sorpresa aos nenos de infantil: TROUXERON O CAMIÓN !Puidemos subirnel, velo por dentro, algúns nenos puxéronse o casco... Todos os nenos e nenasconvertémonos en bombeiros durante un momento.
OS MAIOS
O 15 de maiocelebramos o día dos Maios no cole. Para isto as familias aportaron as flores,laranxas, ovos...cos que puidemos elaboraros maios e a gran alfombra, co cal aproveitamos para darlles as grazas pola súacolaboración. Para facer os maios distribuímonos da seguinte maneira para queparticipasen todos os nenos e nenas do cole. Os nenos e nenas de infantilfixeron un maio con dous grandes arcos e os de primaria un fermoso maio enforma de hórreo. Todo isto o fixemos o día anterior para poder expoñelos nocole o día 15. O día 16 entre todos fixemos unha gran alfombra decorando aentrada, no patio cuberto. Debido a cuestións meterolóxicas tivemos quecancelar o festival que tiñamos preparado xa que ía ser ao aire libre. Perodecidimos polo menos para rematar a xornada cantar todos os nenos e nenas docole ao redor dos maios “Ahí ven o maio”
XA ESTAMOS AQUÍ
Aocomezo do mes de abril chegou ao cole unha caixa con ovos de verme. Chegaron odía 2 e ao día seguinte xa naceron os primeiros vermes. Témolos no primeiroandar para poder velos todos os nenos e nenas do cole e temos que darlles decomer follas de moreira. Os nenos e nenas de infantil iremos observando a súaevolución e rexistrando os cambios no mural.
MAIO
Maio o mes das letras, o mes dos contos. Na biblioteca oalumnado de infantil desfrutamos das sesións de Contacontos: primeiro os daeditorial Everest trouxéronnos un baúl máxico do que saían incribles personaxes e o concello de Fene coasúa proposta CONTOS DA IGUALDADE está a facernos reflexionar sobre a idea deque todos os nenos e as nenas poden chegar a ser o que eles queiran.PASÁMOLO MOI BEN !!!
CONTOS POLA IGUALDADE
O luns remataron os “Contos pola Igualdade” que nos trouxoeste curso o concello de Fene. 
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Comezamos un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar. Queremos darvos a benvid...
-
Hoxe tivemos osimulacro no cole para saber actuar en caso de emerxencia. Saímos de forma ordenadapor clases, tal como aprenderamos anteriorm...