Benvidas e benvidos ao blogue de Centieiras

CEIP CENTIEIRAS Rúa Centieiras s/n Perlío-Fene 15.500 A Coruña Tlfno: 981341415 ceip.ascentieiras @edu.xunta.es

3/9/2013

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Podedes premer no enlace para descargar as normas de organización e funcionamento de cole.
NOF

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Imos comezar un novo curso no CEIP Centieiras, outro curso no que imos compartir con vós a responsabilidade de educar.
Queremos darvos a benvida ao cole, no que esperamos que vos sintades como na casa. Quédanos un longo curso por diante no que esperamos falar e xogar moito, tamén rir e sorrir, e camiñar xuntos vendo medrar a eses pequenos e pequenas.
Agardámosvos o DÍA 11 DE SETEMBRO ÁS 9:00.


31/5/2013

OS MAIOS

O 15 de maio celebramos o día dos Maios no cole. Para isto as familias aportaron as flores, laranxas, ovos...cos  que puidemos elaborar os maios e a gran alfombra, co cal aproveitamos para darlles as grazas pola súa colaboración. Para facer os maios distribuímonos da seguinte maneira para que participasen todos os nenos e nenas do cole. Os nenos e nenas de infantil fixeron un maio con dous grandes arcos e os de primaria un fermoso maio en forma de hórreo. Todo isto o fixemos o día anterior para poder expoñelos no cole o día 15. O día 16 entre todos fixemos unha gran alfombra decorando a entrada, no patio cuberto. Debido a cuestións meterolóxicas tivemos que cancelar o festival que tiñamos preparado xa que ía ser ao aire libre. Pero decidimos polo menos para rematar a xornada cantar todos os nenos e nenas do cole ao redor dos maios “Ahí ven o maio”