jueves, 6 de diciembre de 2012

Crónicas de Centieiras

Xa podedes escoitar o último programa de radio premendo no logo de Radio Fene.Agardamos que vos guste!

O Nadal xa está aquí

O NADAL xa está aqui, en Centieras. A entradado cole encheuse de fermosas estrelas cada unha coa súa propia luz e brilandotodas xuntas en perfecta harmonia.Moitas grazas as familias pola vosa implicacióne colaboración, nas actividades que dende o cole propoñemos.FELICES FESTAS!

Prevención de riscos

O mércores doce, estivo co alumnado de terceiro ciclo deprimaria Ana Santiago, técnica de prevención de riscos laborais, dándonos unhacharla sobre prevención.Foi unha xornada moi entretida, coa que aprendemos aevitar accidentes e que nos ensinou a ter unhas normas sinxelas que xa nósmesmos podemos ir poñendo en pŕactica. Ademais, ao remate, déronnos xogos eagasallos.Moitas grazas, Ana!

O apalpador

O Mércores día 11 de Novembrotivemos a visita de Vero e Gelo, que viñeron contar un conto sobre “OApalpador”, figura típica destas datas de Nadal en moitos pobos e vilasgalegas.Entre risos, aplausos e canciónso alumnado de infantil pasou uns momentos inolvidables escoitando e acompañandoa estas “dúas recolle castañas”(Vero e Gelo).

Os reloxos brandos

Con motivo da chegada do Nadal oalumnado de 4º e 6º de educación infantil creamos unha árbore de Nadalinspirada no cadro “Os reloxos brandos” de Dali., así con plastilina decores e purpurina modelamos os famosos reloxos para despois colocalos dobrados sobrecada unha das pólas, imitando así a forma que Dalí lle deu os reloxos dentro do seu cadro. A característica máisimportante desta obra e que está basada nun dos seus soños oníricos efantasiosos que tanto marcaron a súa vida artística.

Doce do doce do dous mil doce, ás doce.

Centieirassumouse á convocatoria da coordinadora galega de equipos de normalización edinamización lingüística para participar no recitandocelsoemilio.Todoo colexio se reuniu no patio cuberto, ás doce, para recitar, guiados poloalumnado de quinto e sexto de primaria, o poema Deitado fronteao mar, celebrandoo ano do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro.Connós estivo Radio Fene para transmitir en directo as nosas palabras de apoio edefensa da lingua galega. Falámolaporque si; porque nos gosta e queremos estar aquí, coa xente nosa...

BAIXO A TENDA DE CAMPAÑA

Que mellor sitio para ler agustiño que nun refuxio?  Onte montamosunha tenda de campaña na aula para aprender sobre os orcos, os trolls, oscíclopes... e un montón máis de seres fantásticos.....Unha ledicia de acampada.

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

Aquí tedes o programa da semana pasada. Agardamos que vos guste.

Crónicas de centieiras

A continuación podedes escoitar o último programa de radio deste ano 2012 e máis vos agasallamos con dúas panxoliñas interpretadas polos nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria.Folerpas de Paz:http://173.255.131.23/audio/211212PANXOLINA1.mp3Aninovo:http://173.255.131.23/audio/211212PANXOLINA2.mp3Bo Nadal!

Polo Nadal, tamén libros

Open publication - Free publishing - More news

Crónicas de centieiras